süre  2 saat 58 dakika

Koordinat sayısı 1683

Uploaded 07 Mart 2018 Çarşamba

Recorded Ocak 2018

  • Rating

     
  • Information

     
  • Easy to follow

     
  • Scenery

     
-
-
89 m
6 m
0
2,1
4,2
8,34 km

1797 kere bakıldı , 88 kere indirildi

yer Soutomaior, Galicia (España)

Iniciamos a ruta á beira da ponte medieval de Comboa (de orixe romana, mais modificada no século XV), coñecida polos veciños como “a ponte Canal”, no Concello de Soutomaior. Seguindo o sentido do río hai unha praia fluvial moi próxima, pero nós dirixímonos cara á ponte colgante, cara ao interior, “contracorrente”. Hai bo sitio para deixar o coche entre a ponte medieval e a ponte que cruza o río pola estrada xeral.

Sobre a ponte de Comboa, quen queira curiosear pode acudir á páxina web de Patrimonio galego: http://patrimoniogalego.net/index.php/74672/2015/05/ponte-de-comboa/.

A ruta é curta e practicamente sen desnivel, agás un par de subidas (logo da cental hidroeléctrica e mais no treito no que hai que desviarse da canle), pero pouco despois do inicio e xa antes da ponte colgante ten bastantes pasos que a converten nunha auténtica xincana pola cantidade de troncos caídos ou dobrados que hai que esquivar. Cadrounos coa época de floración das mimosas, moi abundantes, que lle confiren á ruta un fermoso colorido, ademais de ser un momento do ano con bastante caudal no río. Transcorre practicamente na súa totalidade por un sendeiro de pescadores (todo este tramo, da ponte medieval á presa, é acoutado de pesca).

O primeiro tramo, 1,2 km até a ponte colgante, transcorre mesmo á beira do río, con moita vexetación na que predominan, como dixen, as mimosas e con zonas con rochas, algunha poza e partes moi areosas. A ponte é todo un espectáculo digno de ver. Dende o alto da ponte vese moi próxima a confluencia dos ríos Oitavén e Verdugo.
Sobre esta ponte: http://www.vigoenfamilia.es/puente-colgante-soutomaior/.
Galicia Máxica, cunha ligazón tamén á información sobre a ponte colgante:
https://www.galiciamaxica.eu/galicia/pontevedra/comarca-de-vigo/soutomaior/puente-colgante-del-verdugo/ (inclúe unha ligazón con información sobre a ponte medieval).

Logo dunha parada demorada e de atravesar a ponte e volver á mesma beira pola que iamos, uns cincocentos metros máis adiante atravesamos un rego: nós optamos por seguir o máis pegados que puidemos o curso do río, pero se non cruzamos o rego neste punto podemos subir uns metros e seguir por unha senda cómoda. A nosa opción de ir á beira do río é menos cómoda e será posíbel facela ou non en función do caudal, pero para nós resultou moi interesante (á volta viñemos pola senda).

Noutro medio quilómetro dende o rego xa estamos na central hidroeléctrica do Inferno, alimentada pola auga traída por unha canle artificial dende a presa de Toma e que cae cara ás turbinas por un tubo que salva case 50 metros de desnivel. Dende a central ascendemos por unha pista cementada até a parte superior do devandito tubo (o único tramo un chisco esixente da ruta polo desnivel). E a partir de aí imos pola canle que transporta a auga até o encoro de Toma, agás un pequeno treito no que hai que desviarse para logo retomar a canle. A propia canle salva unha zona abrupta cunha ponte dende a que se pode ver unha boa caída de auga, unha fervenza. Ao pouco de comezar a canle entramos no Concello de Ponte Caldelas.

Desviámonos por un momento da canle e volvemos á beira do río na coñecida como Boca do Inferno, un fermoso treito do río cortado abruptamente pola presa. Asomámonos ao encoro e volvemos polos nosos pasos até o punto inicial.

Dado que o paseo é curto e na mañá sobra tempo para ver algo máis, collemos a estrada cara a Ponte Caldelas e desviámonos en Aranza, onde deixamos o coche para dar un paseo dun quilómetro, aproximadamente, baixando á poza de Aranza no río Oitavén, coas beiras (e o monte) arrasadas polos últimos incendios. Malia isto, paga a pena descender á poza, onda un muíño, tanto en época de moito caudal para gozar da forza da auga, como noutros momentos do ano, mesmo para mergullar nestas augas.
Köprü

Ponte medieval Comboa

Nehir

Río Verdugo

Köprü

Ponte colgante

Kavşak

Desvío

Nehir

Rego

Waypoint

Central hidroeléctrica

Waypoint

Tubo (toma auga da canle para a central)

Waypoint

Canle

Köprü

Ponte na canle da central do Verdugo

Waypoint

Escaleira de metal

Escaleira de metal para superar o penedo
Kavşak

Desvío da canle

Şelale

Presa de Toma

Nehir

Poza de Aranza (río Oitavén)

5 yorum

  • Fotoğraf Xabier Novás

    Xabier Novás 24.May.2018

    I have followed this trail  doğrulanmış  View more

    Fermoso rio

  • Fotoğraf Xoanzinho

    Xoanzinho 24.May.2018

    Grazas pola valoración, Xabier. Só lamento que a información facilitada non che parecese abonda...

  • Fotoğraf santidelaguardia

    santidelaguardia 20.Haz.2018

    I have followed this trail  View more

    Gran aporte. Boas indicacións. Graciñas por compartirla.

  • Raiko 19.Mar.2019

    Una pena que esté llena de árboles caídos, no pasan 50 metros sin tener que agacharse para pasar bajo uno, al menos en los primeros kilómetros.

    Por lo demás es una ruta preciosa. No tuve tiempo de hacerla entera pero diría que no es circular, vuelves sobre tus pasos.

  • Fotoğraf Xoanzinho

    Xoanzinho 19.Mar.2019

    Grazas pola valoración e polos comentarios, Raiko. A ruta non é circular, efectivamente, aínda que para o regreso hai algún treito diferente (á ida pegadiños ao río, á volta polo camiño). Ao gravala enteira co gps, Wikiloc entende que é circular (non é un parámetro determinado por quen fai a ruta, coido que é automático).
    A ruta é bonita pero coincido contigo no das árbores, que poden mesmo supor un impedimento para algunhas persoas.

You can or this trail