Moving time  5 saat 22 dakika

süre  6 saat 22 dakika

Koordinat sayısı 3743

Uploaded 03 Şubat 2019 Pazar

Recorded Şubat 2019

-
-
247 m
-2 m
0
5,5
11
22,12 km

35 kere bakıldı , 1 kere indirildi

yer Seráns, Galicia (España)

Nesta ruta visitamos o monte Tahume, cunhas vistas impresionantes, baixamos cara o centro de interpretación das lagoas de Xunho (parece que pechado permanentemente). Logo pasamos polas lagoas de San Pedro de Muro e Xunho, para dirixirnos cara a ponte medieval do río Sieira. Na praia de río Sieira demos volta xa pola costa pasando pola praia das furnas cara o punto de partida, pero non demos cruzado por donde desemboca a lagoa de Muro cara o mar pola forte corrente que leva o río e tivemos que dar unha volta por donde xa pasaramos (seguramente se non chove moito se dea cruzado mollando un pouco as pernas). Logo, a parte final foi por pasarelas de madeira e ao final de todo tamén nos desviamos pola estrada en lugar de seguir rectos cara o punto de inicio pois unha senhora díxonos que non se daba pasado (aínda que non parecía que houbera realmente problema, só que estabamos sen batería para mirar o google maps, pero parece que hai caminho bo). Unha mágoa estes dous contratempos pois é unha ruta bonitísima e variada, na que temos montanha, monte, praias, rocas e caminhos por prados (e tamén algo de asfalto, claro...). Gran parte desta ruta discorre polos sendeiros sinalizados "ruta do monte Tahume (vermello)", ruta das lagoas de Muro e Xunho (verde)" e ruta das furnas (amarela).
fotoğraf

Parquing de inicio da ruta

fotoğraf

Praia e paseo de Seráns

fotoğraf

Capela e fonte de San Bieito de Seráns

fotoğraf

Photo

Miradoiro do Tahume
fotoğraf

Miradoiro do Tahume II

fotoğraf

Cruza do miradoiro do Tahume

fotoğraf

Panel sistema dunar

fotoğraf

Centro de interpretación das lagoas de San Pedro de Muro e Xunho

fotoğraf

Panel ruta de sendeirismo das lagoas de Muro e Xunho

fotoğraf

Lagoa de San Pedro de Muro

fotoğraf

Panel e observatorio da lagoa de San Pedro de Muro

fotoğraf

Observatorio da lagoa de Xunho

fotoğraf

Lagoa de Xunho

fotoğraf

Ponte medieval

fotoğraf

Praia das furnas

Yorumlar

    You can or this trail