süre  7 saat 10 dakika

Koordinat sayısı 1043

Uploaded 07 Ağustos 2015 Cuma

Recorded Mart 2015

  • Rating

     
  • Information

     
  • Easy to follow

     
  • Scenery

     
-
-
259 m
76 m
0
3,2
6,3
12,69 km

2796 kere bakıldı , 92 kere indirildi

yer Leiro Grande, Galicia (España)

Este roteiro artéllase arredor do río Avia, augas enriba dende Leiro, ata acadar a desembocadura do Arenteiro en Pazos, xa no concello de Boborás.

Comezamos no paseo fluvial de Leiro, na ponte de Esperela e a contracorrente atravesamos a carballeira de Sueirexa, afastándonos un chisco do río para atravesar o rego de Fondós. Procurando deseguido de novo as arboradas marxes do Avia para mergullarnos noutra vizosa carballeira na que son visíbeis os muros de antigos socalcos para o cultivo.

Deixamos a comarca do Ribeiro e entramos na de Carballiño, en Boborás, para admirar os restos da ponte medieval da Cruz que estaba formada por catro arcadas feitas con perpiaños e que foi derruida durante a invasión napoleónica. A poucos metros de aquí temos a desembocadura do río Arenteiro e na súa canle érguense esculturas coma a da serea.

Enfilamos cara a Pazos de Arenteiro, declarado Conxunto Histórico-Artístico no ano 1973 e que posúe varias casas grandes: Casa de Enriba, Casa e Granxa de O Mato, Casa do Ouro, Pazo de Cervela, Pazo de Feixóo, Pazo do Currelo, Pazo dos Tizón e Pazo de Laxas e máis a igrexa de San Salvador, vencellada a Orde Militar de Malta. Todo esto para ver paseniñamente.

Pasamos a outra ribeira do Avia e acompañamos a súa baixada a media aba, afastados do río, agardándonos o paso pola antiga aldea de Viñoá, metida en plena fraga e cos restos das súas casas de pedra engulidas pola abondosa vexetación.

Deixando atrás uns solleiros viñedos, chegamos a aldea de A Costa con magníficas vistas sobre Leiro ao que baixamos polo Camiño Real.




View more external

fotoğraf

A Costa

Núcleo de poboación no concello de Leiro.
Harabe

Viñoá

Aldea abandonada no concello de Leiro.
fotoğraf

Camiño

Camiño polas beiras do río Avia, entre árbores.
fotoğraf

Camiño Real

Antigo Camiño Real de Lebosende a Leiro.
ağaç

Carballeira

Bosque de carballos nas marxes do río Avia.
ağaç

Carballeira Sueirexa

Pequena carballeira preto do núcleo de Leiro.
Waypoint

Central Cabanelas

Central hidroeléctrica as beiras do río Avia.
Waypoint

Comezo Leiro

Punto de inicio do percorrido, no paseo fluvial ao carón da ponte de Esperela.
fotoğraf

Corredoira

Congostra que desde Pazos de Arenteiro leva a aldea abandonada de Viñoá.
fotoğraf

Desembocadura Arenteiro

Punto de desembocadura do rio Arenteiro no Avia, en Pazos de Arenteiro.
çeşme/kaynak

Fonte

Fonte na aldea abandonada de Víñoá.
Dini mimari

Igrexa San Salvador

Igrexa en Pazos de Arenteiro. Vencellada a Orde Militar de Malta.
fotoğraf

Leiro

Concello da comarca do ribeiro, atravesado polo río Avia.
Harabe

Muiño Arenteiro

Muíño no rio Arenteiro, en Pazos.
Köprü

Pasarela

Pasarela metálica no paseo fluvial de Leiro.
fotoğraf

Pazos de Arenteiro

Parroquia do concello de Boborás. Ten un núcleo que foi declarado Conxunto Histórico-Artístico no ano 1973 pola gran cantidade de casas grandes que hai.
Köprü

Ponte

Ponte sobre o río Arenteiro, preto do Pozo dos Fumes.
Köprü

Ponte da Cruz

Ponte en ruínas de orixe medieval, sobre o río Avia, en Pazos de Arenteiro.
Köprü

Ponte de Esperela

Ponte sobre o río Avia en Leiro. Punto de comezo do roteiro.
Köprü

Ponte de Pazos

Ponte sobre o río Avia en Pazos de Arenteiro.
Nehir

Regueira Vella

Rego que pasa pola aldea abandonada de Viñoá.
Nehir

Rego Fondos

Tributario do río Avia pola esquerda. Preto do núcleo de Leiro.
Nehir

Rio Arenteiro

Tributario do río Avia pola esquerda, sendo a súa desembocadura en pazos de Arenteiro.
Nehir

Rio Avia

Río que pasa pola comarca do Ribeiro, desembocando en Ribadavia no río Miño pola súa marxe dereita.
Harabe

Ruinas

Construción en ruinas a beira do río Arenteiro, preto da súa desembocadura.
Harabe

Ruinas casa

Casa de pedra en ruinas na aldea abandonada de Viñoá.
fotoğraf

Serea

Escultura dunha serea nun bolo granítico na canle do río Arenteiro, en Pazos.
fotoğraf

Viñedos

Plantación de viña no lugar de A Costa, Leiro.

4 yorum

  • Fotoğraf efeso55

    efeso55 14.Ara.2015

    I have followed this trail  View more

    Plácida e interesante por el rico patrimonio que descubres

  • pattocuak 09.Mar.2017

    Hola, buscando ruta para el sábado, humanos con perras que se vuelven locas cuando ven bicis o caballos... Podemos ir tranquilos sin miedo a sobresaltos? Al acercarnos a las aldeas atamos a los perros, el problema es por los senderos.
    Gracias!

  • Fotoğraf jesussimon

    jesussimon 09.Mar.2017

    Yo no encontré ni caballos ni bicis. Creo que no tendrás problemas, Nuria.

  • pattocuak 09.Mar.2017

    estupendo! ya tuve un accidente una vez con un caballo y ellas ladran como locas, yo hiperventilo!!

You can or this trail